Mulleres de Rodeiro viaxarán en maio a Santiago para asistir á Unidade de Exploración Mamográfica
- ecosdacomarca
- 21 abr
- 2 Min. de lectura
O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama pon a disposición dun medio de transporte de balde
Ecos da Comarca/Rodeiro
O Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama, pon a disposición das mulleres de Rodeiro, un medio de transporte de balde, para facilitar la o acceso dende o Concello, ata a Unidade de Exploración Mamográfica situada no Hospital Xil Casares de Santiago de Compostela e tamén viaxe de volta ao concello.
Publicidade
O autobús estará estacionado na Rúa D (aparcamento ao carón do río); sendo as horas de paradas, ás 14:00 e ás 18:00 horas. O uso deste transporte non é obrigatorio, polo que se o desexan, poden acudir polos seus propios medios, a súa cita.
Este servizo, empezará o 19 de maio de 2025 e estenderase ao longo de 9 días en horario de tarde. Todas as citas de mamografía que estean comprendidas entre eses días terán servizo gratuíto de transporte ata a unidade de Santiago. As citas que sexan cambiadas ou non se acuda nesas datas, terán que ir noutras datas posteriores pola súa conta porque xa non hai contratado servicio de autobús.

Recordar que este ano como novidade, a citación mandarase por sms ao teléfono móbil, que teña a usuaria posto como teléfono de subscrición na súa tarxeta sanitaria. Aquelas usuarias que non teñan posto teléfono de subscrición na súa tarxeta sanitaria, recibirán a cita por correo postal (carta) no seu domicilio, e achegaráselle a folla co servizo de transporte, con horarios e paradas. O resto de usuarias que van recibir o sms coa súa cita de mamografía, no propio sms terán un link, que ao pinchar nel, daralles acceso á ruta de transporte con horarios e paradas.
Por último, este ano tamén como novidade, as usuarias que o desexen poden modificar a súa cita a través da aplicación de SergasMovil, sempre que a cita estea vixente, para os ocos que estean habilitados. En ningún caso a través da aplicación poderase anular a cita ou cambiala se a cita xa está pasada.
Publicidade
Recordamos que a idade para realizar as mamografías polo cribado de cancro de mama é dos 50 (cumpridos) aos 74 e que só se atende a señoras asintomáticas (calquera síntoma: vulto, mancha, cambio de forma, etc.), ten que ser atendido e valorado pola súa médica de familia.
Comentários