top of page
Foto del escritorLaura Moure

MoVEMOS Silleda volta en setembro con dinamización lectora, teatro e música clásica

O programa Ler conta Moito trae este venres á biblioteca a Paula Carballeira e Carboeiro acolle o sábado día 11 o ciclo Música no Ar, con Beatriz Arenas e Brais


Laura Moure/Silleda

O programa cultural MoVEMOS Silleda continua en setembro, con música, dinamización lectora e teatro, entre outros. Así, o mes de setembro arrancará con actividades de dinamización lectora, a través do programa Ler Conta Moito, na biblioteca pública

municipal Daniel Castelao. A primeira das citas será o vindeiro venres día 3, ás 17:30 horas con Paula Carballeira e a sesión Elas tres. A nai, a nena e a bruxa. A biblioteca silledense acollerá en setembro outras dúas citas: o venres 17 cun obradoiro para bebés co lema Tecendo soños e o mércores 22, ca proposta Todos serán ás 17:30 horas.


Este sábado día 4, a compañía Hípica Celta, recala en Silleda co espectáculo Circotour, ás 19:00 horas na praza da Igrexa, incluída no programa Cultura no Camiño, para o público familiar.

A música clásica seguirá en Carboeiro da man do programa Música no Ar, da Deputación, ca actuación o sábado 11 de setembro de Brais González (piano) e Beatriz Arenas (soprano), ás 19:00 horas.ç


O domingo 12 Carboeiro e o seu entorno volven ser protagonistas do programa Monumenta, andar con arte, no marco da programación do Xacobeo 21-21. Trátase dun ciclo de rutas a pe combinadas con experiencias culturais e de divulgación que chegará a 14 localidades e que rematará ese domingo en Carboeiro baixo o lema Desde Carboeiro ao Kumano Kodo en Xapón. Para asistir é preciso anotarse na web monumentagalicia.com


A programación de MoVEMOS Silleda rematará con teatro o venres 24, da man da compañía Sarabela e a obra A língua das boboretas, baseada na coñecida obra homónima de Manuel Rivas. A cita será ás 21:00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira.

0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page