top of page
Foto del escritorLaura Moure

MoVEMOS Silleda continua en agosto e setembro, con música,dinamización lectora lectora e teatro

Os concertos do 32 Curso Tamara Brooks centrarán o calendario de agosto e programa Ler

Conta Moito, Sarabela Teatro e o ciclo Monumenta, protagonistas en setembro


Laura Moure/Silleda

A programación cultural de Silleda continuará o resto do verán con distintas propostas. As actividades retómanse a partir do vindeiro 5 de agosto, con música, espectáculos infantís, teatro e rutas entre outros.


O xoves 5 de agosto, celebrarase na praza Juan Salgueiro da Bandeira, o concerto que poñerá o colofón ao campamento organizado pola Banda Recreativa e Cultural, coa temática de “Sound Painting”, impartido polo artista de jazz Xacobe Martínez, que actuará ese día ca banda ás 20:30 horas.


Do 6 ao 21 de agosto, Silleda será –por primeira vez- a sede do 32 Curso Tamara Brooks de coro, canto e dirección, cun total de oito concertos abertos ao público aos que se sumarán conferencias, entrevistas e outras actividades para o alumnado inscrito.


As sesión celebraránse en Carboeiro, Silleda e na Bandeira. Os días 6 e 9 de agosto Carboeiro será o escenario do certamen. O venres día 6, ás 21:00 horas, terá lugar o concerto de apertura do curso, baixo o lema Un camiño de música para grupos vocais, no que participarán o cuarteto de voces SondeNós de Viveiro, o Obradoiro coral do conservatorio profesional de música de Viveiro (trío vocal masculino) e EntrElas de A

Coruña (sexteto vocal feminino).


O luns día 9, ás 21:30 haberá tamén unha audición de música coral relixiosa: Deus ibi est, na que participarán alumnos e alumnas do curso, dirixidos por Eduardo García-Novelli, con música coral baseada en textos relixiosos e espirituais musicados por autores dos séculos XX e XXI.


O martes día 10, celebrarse ás 21:00 horas no auditorio da Semana Verde a Gala Lírica O mundo da Zarzuela, na que intervirán como solistas varios profesores do curso: Carmen Solís, Carmen Subrido, Juan Abalde e Gloria Novoa. Estarán acompañados por membros da Banda de Música Municipal de Silleda, baixo a dirección de Rafa Agulló, interpretando unha selección de romanzas e interludios instrumentais de algunhas das zarzuelas españolas máis coñecidas.


O venres día 13, ás 22:30 chegará a Silleda a Noite Meiga con música coral que interpretarán na rúa (praza Juan Salgueiro) os membros do coro infantil da Escola de Música Municipal de Silleda xunto co alumnado e prefosorado do curso, con pezas populares procedentes de diferentes países do mundo.


Tamén o sábado 14, no auditorio da Semana Verde terá lugar ás 21:00 horas o concerto de cámara Os sons das cordas, no que os alumnos de corda do ciclo estarán dirixidos por Michael Thomas.


O domingo día 15, no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira terá lugar ás 21:00 horas un recital de teatro lírico, co título Canto conto ca participación do alumnado do curso de canto e técnica vocal, con interpretación teatralizada de pezas para voz e piano de diferentes estilos e épocas.


E para rematar, o sábado 21 ás 21:00 horas celebrarase no auditorio da Semana Verde en Silleda o concerto de clausura do ciclo, co lema O son da noite brillante, ca participación do Coro e orquestra de cordas “Tamara Brooks” baixo a dirección do alumnado do curso de dirección e o profesorado (Michael Thomas e Julio Domínguez).


O venres día 20 chegará á praza Juan Salgueiro a actuación de Odaiko Percusión e o sábado 21. Esta localidade acollerá distintas actuacións ao longo da fin de semana. Así, o sábado 21 a charanga Era visto amenizará a sesión vermú e ás 21:00 horas terá lugar na praza a actuación da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira co artista circense Freddi, de Circanelo.


O domingo 22 a banda local dará un pasarrúas e pola tarde, ás 19:00 terá lugar o espectáculo Seres Fantásticos, para o público máis novo.


Citas na biblioteca e A lingua das bolboretas

Setembro arrancará con actividades de dinamización lectora, a través do programa Ler Conta Moito, na biblioteca pública municipal Daniel Castelao. A primeira das citas será o venres 3, ás 17:30 horas con Paula Carballeira e a sesión Elas tres. A nai, a nena e a bruxa. A biblioteca silledense acollerá en setembro outras dúas citas: o venres 17 cun obradoiro para bebés co lema Tecendo soños e o mércores 22, ca proposta Vivan as unllas de cores. Todos serán ás 17:30 horas.


O sábado día 4, a compañía Hípica Celta, recala en Silleda co espectáculo Circotour, ás 19:00 horas na Praza da Igrexa.


A música clásica seguirá en Carboeiro da man do programa Música no Ar, da Deputación, ca actuación o sábado 11 de setembro de Brais González (piano) e Beatriz Cuevas (soprano), ás 19:00 horas.


Programa Monumenta

O domingo 12 Carboeiro e o seu entorno volven ser protagonistas do programa Monumenta, andar con arte, presentado o pasado día 20 en Carboeiro no marco da programación do Xacobeo 21-21. Trátase dun ciclo de rutas a pé combinadas con experiencias culturais e de divulgación que chegará a 14 localidades e que rematará ese domingo en Carboeiro baixo o lema Desde Carboeiro ao Kumano Kodo en Xapón.


A programación de MoVEMOS Silleda rematará con teatro o venres 24, da man da compañía Sarabela e a obra A lingua das boboretas, baseada na coñecida obra homónima de Manuel Rivas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page