top of page

Movemento Veciñal de Touro reitera a solicitude dun centro de día e residencia municipal para Touro

Ecos da Comarca/Touro

O 17 de decembro de 2019, tan só seis meses despois da súa chegada á corporación municipal, o Movemento Veciñal de Touro levou unha proposta a pleno para adicar a totalidade dos fondos do plan provincial de servizos á posta en marcha dun centro de día municipal para os maiores e dependentes do concello. "Naquela ocasión o alcalde popular Ignacio Codesido e o seu grupo de goberno votaron en contra da proposta do colectivo veciñal", recalca esta formación política.

Tres anos despois o colectivo lamenta ·os anos perdidos para ducias de maiores e familiares que precisaban destes servizos e se teñen que desplazar a outros concellos e incluso outros que por desgraza xa faleceron. Na actualidade, grazas aos fondos europeos Next Generation, os concellos de menos de 20.000 habitantes poden firmar un convenio polo que se financiará case a totalidade das actuacións necesarias para a creación de centros de día e residencias para maiores". O principal grupo da oposición pídelle ao alcalde que rectifique a decisión que tomou no ano 2019 ao votar en contra da súa proposta e que o concello se una ao convenio para que a veciñanza teña un servizo esencial.

"O goberno municipal non pode ser unha traba cando se lle dá todo feito dende Europa para que o municipio conte co servizo, tan só teñen que aceptar o acordo como fixeron a maioría de concellos nos últimos meses", subliña.

Residencia pública e creación de emprego A agrupación tamén solicita que, ao igual que o Concello de O Pino entre outros, se solicite a creación dunha residencia municipal ao ser outro dos obxectos de subvención dos fondos europeos. Consideran que se debe complementar con prazas públicas a oferta privada que hai no concello ao contar cunha porcentaxe de poboación da terceira idade importante e que xustifica a necesidade dunha rede de coidados pública e de proximidade. "Estas propostas crearían emprego a nivel local, cun servizo que ao noso xuízo se debe prestar dende o concello e sen externalizar para garantir a calidade do traballo".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page