Movemento Veciñal de Touro pide un pleno para tratar a praza de funcionaria auxiliar administrativa
- ecosdacomarca
- 12 abr 2023
- 2 Min. de lectura
"Cuxo concurso-oposición pesan indicios de amaño", acusa este partido
Ecos da Comarca/Touro
O Movemento Veciñal de Touro solicitou un pleno extraordinario para tratar o caso do concurso-oposición para cubrir unha praza de funcionaria auxiliar administrativa "sobre o que pesan indicios de amaño", tal e como acusa este partido da oposicióm.
A finalidade da proposta presentada polo partido veciñal "é repoñer a legalidade do proceso, eliminar o enchufismo, e que todas as persoas interesadas poidan participar na oposición de xeito libre e en condicións de igualdade, mérito e capacidade como determina a lei".

"Ante as evidencias de vicios e irregularidades nas bases que rexen o concurso-oposición, o partido veciñal propón ao Pleno que se suspenda o proceso, a nulidade das bases e que se convoque unha oposición libre".
Así mesmo, sinla que o o partido Veciñal xa denunciou "que as bases foran elaboradas a medida da filla dun funcionario do Concello. Nestas bases a valoración máxima de méritos coincide ca experiencia laboral dunha traballadora municipal temporal que é filla dun funcionario do Concello. As bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado mes de maio de 2023 aproveitándose de que nese momento exercía de secretario substituto da mesma, este funcionario pai da traballadora presunta beneficiada",
"O propio alcalde recoñeceu en pleno que esa coincidencia entre as bases e o currículo desta traballadora “non foi casualidade”; evidenciando a intencionalidade de cadrar a valoración dos méritos cos méritos que pode acreditar a filla do secretario da Xunta de Goberno Local".
Ante isto, o Movemento Veciñal de Touro urxe a suspensión do concurso-oposición, que xa foi publicado no Boletín Oficial da Provincia e que se anulen as bases. "Pois se proceso seguise adiante con estas irregularidades podería causar prexuízos de imposible ou difícil reparación". O Movemento Veciñal defende que a praza se convoque mediante unha oposición libre e non por un concurso-oposición a medida como aprobou o goberno.
Comments