top of page

Movemento Veciñal: "Darío Rey, o presidente dun partido que traizoou aos seus compañeiros para entregarlle o goberno de Touro ao PP"

Ecos da Comarca/Touro

A moción de censura de Touro debatirase e votarase este martes, 12 de agosto, nun pleno que terá lugar ás 12 horas. Con esta, o popular Jesús Reboredo pretende recuperar a Alcaldía tras chegar a un acordo co concelleiro non adscrito Darío Rey. O Movemento Veciñal de Touro, ao que pertence o actual rexedor, Roberto Castro, e partido ao que pertencía Rey, pronúnciase precisamente sobre este último.

O día da toma de posesión de Roberto Castro con toda a Corporación elixida.
O día da toma de posesión de Roberto Castro con toda a Corporación elixida.

"Darío Rey Suárez, o presidente dun partido político que traizoou aos seus compañeiros para entregarlle o goberno de Touro ao PP", así o define o Movemento Veciñal de Touro. "Este concelleiro, que abandonou o grupo municipal do Movemento Veciñal fai algo menos dun ano, aínda segue sendo o Presidente/Portavoz orgánico do Partido Movemento Veciñal de Touro, incumprindo as súas funcións orgánicas e tendo, na práctica, secuestrado o partido e impedindo o seu desenvolvemento", cuestiona.


Deste xeito, o Movemento Veciñal de Touro, acusa ó seu presidente Darío Rey Suárez "de secuestrar organicamente o partido, tentar manipular as persoas da candidatura para tumbar ó seu alcalde e finalmente asinar un acordo de moción de censura para investir ó PP traizoando o ideario e o traballo cos que conseguiu a acta de concelleiro".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Ínstao a entregar a súa acta como concelleiro, convocar os órganos do Partido e presentar a súa dimisión como Presidente/Portavoz do mesmo, como única saída digna.


"Darío Rey Suárez, que saiu electo nas municipais de 2023 como segundo membro da candidatura do Movemento Veciñal de Touro, asinou en conxunto co PP unha moción de censura coa que tumbar o goberno liderado polo partido polo que el saiu elixido concelleiro para entregarllo ós populares, nas antípodas políticas do actual goberno. Só transcorrido un mes dende a Sentencia Xudicial que anulou os artigos da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral que impedían ós tránsfugas votar nunha moción de censura, Darío Rey Suárez virou cara o Partido Popular para tumbar a continuidade do traballo do seu partido e investir a un candidato cuxo ideario non ten punto de encontro posible cos postulados do Movemento Veciñal de Touro. Os estatutos do Movemento Veciñal de Touro outorgan á presidencia a competencia para a convocatoria da Comisión Executiva, que nunca chegou a convocarse, mesmo despois de ser solicitada mediante carta certificada polo resto de membros", recalca o Movemento Veciñal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E apunta que "este secuestro, que impide na práctica o desenvolvemento orgánico-burocrático do partido, súmase a outros episodios igualmente graves como o intento de secuestro das redes sociais do Movemento Veciñal, ou o secuestro do correo electrónico oficial do partido, que figura no Rexistro de Partidos do Ministerio do Interior para comunicación formal, legal e institucional".


O Movemento Veciñal de Touro sinala a Darío Rey Suárez "como traidor do ideario político polo que foi elixido representante municipal, así como das persoas cuxo traballo en equipo o levaron a ocupar o seu cargo", e define como "única saída digna para o concelleiro a entrega da súa acta, a convocatoria dos órganos do partido e a súa dimisión dos cargos orgánicos do mesmo".


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page