top of page

Motor Show Galicia volve a Silleda con dous eventos espectaculares os días 6, 7 e 8 de decembro

Será de novo nas instalacións na Feira Internacional de Galicia Abanca


Laura Moure/Silleda

Motor Show Galicia 2024, organizado por Sac Events, volve ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA os días 6, 7 e 8 de decembro. E faio con dous eventos espectaculares.

O venres 6 de decembro terá lugar un show de Freestyle Motocrós con acrobacias e saltos extremos nos que os mellores pilotos desafiarán á gravidade e o perigo. Ademais, os asistentes poderán ver un adestramento de drift no que se mostrarán derrapaxes con asombrosas habilidades. Este espectáculo, que é unha especie de previa á propia cita de motor, contará con entrada única e independente.

ree

Xa o sábado 7 de decembro poñerase en marcha o Motor Show Galicia como tal, o cal se estenderá ata o domingo día 8. Esta cuarta edición contará de novo cunha exposición de centos de vehículos de competición, de rally e clásicos que os seus propietarios exhiben nos pavillóns do recinto para que o público poida desfrutar deles, destacando gran cantidade de coches exclusivos e vehículos totalmente personalizados. Ademais, tamén haberá á venda equipamento e accesorios.


Desde shows ata simuladores

Á exposición de Motor Show Galicia 2024 engadirase un programa que contará con gran atractivo. Incluirá espectáculos de Paulo Martinho, pioneiro do freestyle en Portugal; exhibicións de drift tanto diúrnas como nocturnas, simuladores ou circuíto de karts, ademais de zona infantil. Así mesmo, o evento realizará numerosos sorteos, que incluirán desde copilotaxes drift ata pases para algunhas das súas actividades e o espectáculo previo de Freestyle Motocrós & Drift.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto ás entradas, aínda que son específicas para cada un dos eventos, é dicir, independentes para o Freestyle Motocrós & Drift por unha banda e para o Motor Show por outra, tamén existen entradas VIP que dan acceso aos dous eventos.


Toda a información pode coñecerse con detalle nas contas de Motor Show Galicia nas redes sociais Facebook e Instagram.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page