top of page

Motor Show Galicia 2023 arranca hoxe en Silleda e contará con máis de 400 vehículos en exposición

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O seu programa de actividades ser a excepcional, con drift, show de barquetas-rally, campionatos de similador e coches teledirixidos, sorteos ou a presenza de influencers relacionados co motor


Laura Moure/Silleda

Motor Show Galicia 2023 abre as súas portas hoxe, sábado, no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda. E faino cunha terceira edición que ata o domingo dará un gran salto de calidade, tanto pola súa mostra como polo seu programa de actividades. Así, esta cita, organizado por Sac Events, contará con máis de 400 vehículos en exposición.

Unha as edicións pasadas deste evento.

Entre eles, a maioría serán vehículos de competición, de rally e clásicos que os seus propietarios exhiben na feira para que o público poida desfrutar deles, destacando gran cantidade de coches exclusivos, vehículos totalmente personalizados, modelos únicos ou que participaron en series de televisión, os cales se trasladaron ao recinto dende numerosos puntos de España e mesmo dende Portugal e Andorra. Ademais, tamén haberá á venda coches de ocasión, equipamento e accesorios.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Esta exposición non soamente será no interior dos pavillóns, senón que, ante a gran demanda para participar, os organizadores decidiron que tamén se estenda á zona exterior do recinto.


Desde shows ata presenza de influencers

Á exposición de Motor Show Galicia 2023 engadirase un rechamante programa que contará con gran atractivo. Incluirá desde shows de barquetas-rally, exhibicións de drift con pilotos profesionais (condución a altas velocidades con espectaculares manobras) ou campionatos de simuladores e coches teledirixidos ata presenza de coñecidos influencers relacionados co mundo do motor ou sorteos, entre eles de coches, e sen esquecer unha zona infantil con actividades para os máis pequenos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Ademais, hoxe sábado, pola noite haberá unha festa nocturna con Discomóvil Euphoria e DJs de renome no panorama musical galego.


O Motor Show, cuxos detalles es poden coñecer nas súas redes sociais, abrirá as súas portas hoxe ás 9:30 horas, xornada na que se poderá acceder á exposición ata as 21:30horas, pero que aínda continuará a partir desa hora se se quere desfrutrar da Discomóvil. Xa o domingo, o horario de apertura será o mesmo, pero o evento pechará as súas portas ás 20:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As entradas dispoñibles van dende os 12€ + gastos de xestión ata os 30€ + gastos de xestión, en función de se o pase é para un único día, para os dous ou é VIP. Os menores de 10 anos poden acceder de forma gratuíta.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page