top of page

Morre un veciño de Rianxo ao saírse da vía co seu coche en Noiteboa

Ecos da Comarca/Xeral

Foto do Accidente. ADC Bombeiros Boiro
Foto do Accidente. ADC Bombeiros Boiro

Unha persoa perdeu a vida nun accidente de tráfico rexistrado na DP-3301, á altura do quilómetro 1, no concello de Rianxo.


O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 21:35 horas do día de onte, tras recibir o aviso dun particular, que xa indicaba que a persoa que se atopaba no interior do vehículo semellaba estar inconsciente.


De inmediato, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que a persoa se atopaba falecida e atrapada no interior do vehículo, polo que foi necesario empregar material de excarceración para proceder á súa liberación.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Segundo informaron os Bombeiros, todo apunta a que o vehículo colisionou inicialmente coa entrada dun garaxe e, posteriormente, contra unha farola.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page