Monterroso súmase ao Proxecto EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas
- Laura Moure
- 30 oct 2023
- 2 Min. de lectura
A iniciativa pretende promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso súmase ao proxecto EC4RURAL para crear comunidades enerxéticas. A iniciativa pretende promover a participación rural na transición cara as enerxías limpas a través das comunidades enerxéticas.

Unha vintena de concellos rurais de Galicia, entre os que se atopa Monterroso, cooperan no marco deste proxecto. A pasada semana celebrouse unha reunión en Santiago cos socios do proxecto na que participou o concelleiro de Monterroso Balbino Martínez.
Publicidade
A previsión é que as primeiras comunidades enerxéticas estean activas en setembro de 2025, data a partir da cal os consumidores se converterán en "prosumidores", xa que ademais de consumir, podrán almacenar, compartir ou vender o excedente de enerxía xerado.
Os obxectivos específicos do proxecto son:
Mellorar a colaboración e o diálogo entre os concellos, os grupos de acción local, os cidadáns e as partes interesadas para o CET.
Mellorar a concienciación social, o coñecemento e a aceptación social das enerxías renovables e os seus beneficios no sector rural, incluíndo as Comunidades Enerxéticas Rurais como ferramenta.
Publicidade
Realizar un diagnóstico da situación actual nos municipios obxecto de estudo para co-crear plans enerxéticos e novos obxectivos enerxéticos máis ambiciosos, en liña coas novas políticas europeas.
Fomentar a participación cidadá e o liderado de iniciativas, co fin de reducir a súa factura eléctrica (reducindo a pobreza enerxética) e aumentar a calidade de vida no medio rural.
Promover a creación de Comunidades Enerxéticas en zonas rurais (CER) que sufran perdas demográficas significativas e/o con máis de 10.000 habitantes.
Mellorar a formación e a capacitación en materia de desenvolvemento enerxético comunitario.
Publicidade
Reforzaranse as capacidades xurídicas, técnicas e financeiras dos axentes e facilitadores locais para apoiar as iniciativas dirixidas polos cidadáns no ámbito da enerxía.
Promover decisións de investimento flexibles e viables a través de modelos de negocio en enerxías renovables para a produción de enerxía en zonas rurais.
Proporcionar retroalimentación política para mellorar as políticas públicas e a contorna legal e regulamentaria dentro das Comunidades da Enerxía.
Contribuír ao Segundo Pilar da Política Agrícola Común e á Axenda Territorial Europea.
Maximizar o impacto do proxecto, asegurando a replicabilidad noutras rexións a través dun plan de acción para comunicar os obxectivos e difundir os resultados aos prosumidores da UE.
Comentarios