Monterroso súmase á Volta a Lugo Máster
- Laura Moure
- 3 abr
- 1 Min. de lectura
Trátase dunha proba ciclista que vai pasar pola localidade o vindeiro domingo
Laura Moure/Monterroso
Monterroso acolleu a presentación da Volta a Lugo Máster, unha proba ciclista que vai pasar pola localidade o vindeiro domingo. Na presentación estiveron o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, o concelleiro Balbino Martínez e o director técnico da proba e membro do Club Ciclista Chantatino encargado de organizar a proba, José Ramón Caamaño.

Está previsto que na Volta a Lugo Máster, que vai ter lugar o sábado e o domingo, participen preto de 150 corredores.
Publicidade
O Concello de Monterroso patrocina o Gran Premio de Montaña. O rexedor destaca a importancia de formar parte dun evento deportivo "que reúne aos mellores corredores galegos da categoría".

Comments