top of page

Monterroso renova totalmente os seus dous parques infantís

Laura Moure/Monterroso

As nenas e os nenos de Monterroso xa poden desfrutar de dous espazos totalmente reformados, tal e como informa o Concello. A actuación consistiu na reforma dos parques infantís da Praza Antonio Rojo Losada e Conselleiro Fernando Salgado.

No parque infantil da Praza Antonio Rojo Losada, retirouse o valado existente en mal estado, os xogos existentes e o pavimento de baldosa de caucho endurecido polo paso do tempo. Ademais retiráronse as travesas de madeira perimetrais rotas e deterioradas

para colocar unhas novas na parte Oeste do parque para correxir a pendente de maneira que as augas non penetren no parque e xeren as humidades que existían ata agora.


Colocáronse novos xogos certificados segundo a normativa vixente, valado novo metálico e pavimento de caucho continuo novo para obter a certificación pertinente de homologación do parque. Modificouse a entrada e eliminouse a diferencia de cotas que había para facer un espazo inclusivo e sen barreiras arquitéctonicas facilitando así o acceso a tódolos nenos e nenas de Monterroso.


Pola súa banda, no parque infantil da Praza Conselleiro Fernando Salgado ampliouse para aproveitar mellor o espazo disponible e colocar xogos para tódalas idades e facer tamén un espacio inclusivo e sen barreiras arquitéctonicas. Retiráronse tamén os xogos existentes, o pavimento deteriorado e o valado existente.


Esta reforma integral achegou novos xogos, algúns adaptados que abranguen distintas idades e un cambio total do pavimento amortiguador cumplindo o conxunto ca lexislación vixente.


En ambos espazos colocáronse bancos e dispensadores de xel hidroalcólico. Dende o equipo de goberno mostran a súa inquedanza por mellorar constantemente a calidade de vida dos veciños e fomentar a natalidade e por iso están levando a cabo políticas deste calado.


Así mesmo, segundo destaca a alcaldesa, Rocío Seijas, xa se está traballando no proxecto

dun novo espazo interxeracional cun parque infantil cuberto adaptado a tódalas idades para que os nenos podan desfrutar incluso cando as inclemencias meteorolóxicas non permitan o uso ao aire libre. Sinala que se creará un espazo interxeracional no que nenos e adultos establecerán sinerxias e interaccionar e que se prevén levar a cabo no próximo ano.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page