top of page
Foto del escritorLaura Moure

Monterroso recibe unha axuda da Xunta para a mellora do alumeado público do parque empresarial

A actuación ten un presuposto de 30.705 euros, que o Goberno galego financia nun 80%, e prevé a substitución das 47 luminarias actuais do polígono


Laura Moure/Monterroso

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria vén de concederlle unha axuda ao Concello de Monterroso para a mellora da eficiencia do sistema de iluminación do parque empresarial da vila ao abeiro das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma.

En concreto, o proxecto recolle a substitución das 47 luminarias actuais do parque de tipo LED de potencia 60W por unhas novas luminarias LED de potencia 110W e con mellor rendemento de vatio/lumen que as actuais. Deste xeito evítase ter que duplicar a liña de alumeado existente para cubrir as necesidades do parque, o que sería máis custoso en inversión e mantemento.


Aínda que non exista unha mellora inmediata no consumo; con lámpadas máis eficientes vatio/lumen no rendemento cubriríanse as necesidade de iluminación sen a necesidade de ter que duplicar o alumeado existente para cubrir as necesidades, algo que sería moito máis custoso.


Publicidade

Estas novas lámpadas serán regulables con 5 escalóns de potencia, o que permitirá programar o consumo e función dos tramos horarios de uso. As actuacións prevén a instalación de programadores nos cadros de manobra e protección.


Tamén se prevé a instalación de un novo punto de luz LED de 110W co seu corresponden brazo de fixación no alumeado público sobre o edificio dotacional do parque empresarial que permita alumear os aparcamentos do parque. En terceiro lugar, vaise reformar outra liña de alumeado público do parque formada por dúas lámpadas sobre poste e incorporándoas a o alumeado principal do parque. Unificaríanse os dous alumeados públicos nun solo evitando a duplicidade de puntos de subministro.


Publicidade

Todas as lámpadas substituídas poderán ser reutilizadas (de ser preciso) en outros alumeados da vila. A actuación ten un presuposto de 30.705 euros, que o Goberno galego financia nun 80%.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page