Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso pon en marcha unha campaña de colaboración veciñal para axudar ás persoas afectadas polas inundacións de Valencia. O Goberno local toma esta decisión tras as peticións de axuda da FVMP (Federació Valenciana de Municipis i Provincies) e dos alcaldes da provincia de Valencia.

Solicítase a doazón de produtos de primeira necesidade: auga, leite, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal. A recollida destes produtos dará comezo o luns no Espazo Cultural Lorenzo Varela de Monterroso.
Publicidade
"Desde o Goberno local agradecemos a axuda que se poida prestar nuns momentos especialmente duros, ao tempo que trasladamos o noso afecto e solidariedade con todos e todas os prexudicados".
Comments