top of page

Monterroso pide á Xunta unha axuda para asfaltar unha estrada

O obxectivo é dar servizo aos veciños de Lardeiros e de Sestelo e ás aldeas dos arredores que empreguen esta vía para acceder á autovía A-54 que unirá Lugo con Santiago


Ecos da Comarca/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, acompañado do arquitecto municipal, Roque Álvarez Arosa, levou a cabo a visita e medición da estrada que vai da vía provincial do Marco a Monterroso, ao lugar de Sestelo pasando por Lardeiros, co obxectivo de solicitar axuda da Xunta de Galicia para proceder ao seu asfaltado.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O que se pretende con esta actuación é dar servizo aos veciños e veciñas de Lardeiros e tamén aos de Sestelo e ás aldeas dos arredores que empreguen esta vía para acceder á autovía A-54 que unirá Lugo con Santiago.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page