top of page

Monterroso paga unha sanción de case 11.000 euros por feitos acontecidos en anteriores mandatos

"Debido a que a vivenda comunitaria non dispón do equipamento destinado a persoas de todos os grados de dependencia no que se poda prestar os coidados", indica o Concello


Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso vén de pagar unha sanción de case 11.000 euros por feitos

acontecidos en anteriores mandatos, tal e como afirma o actual equipo de goberno. "Trátase dunha sanción en base a actas de inspección anteriores a entrar ao goberno o

actual equipo de goberno que se viu reducida nun 40% pois inicialmente eran case 20.000 euros".


En concreto, explica, "trátase dunha sanción dada a gravidade do risco ou perigo xerado para as persoas usuarias dos servicios sociais pois tal e como versa na mesma os centros autorizados como vivenda comunitaria non dispoñen do equipamento destinado a persoas de todos os grados de dependencia no que se poda prestar os coidados específicos que precisan e comportan un risco tanto para o benestar da persoa usuaria como para a súa seguridade. Ademais tal e como constan na acta vén dado do incumprimento de advertencias previas nas visitas realizadas nos anos 2015, 2018 e 2019".


Vén motivada, sinala, tamén polas deficiencias atopadas constantemente na vivenda comunitaria ocasionadas polas constantes humidades, "pois a pesar de ser unha obra inaugurada no 2014 presenta un estado estrutural deficiente".


O equipo de goberno lamenta que teñan que cargar con esta sanción motivada pola "incompetencia de anteriores equipos de goberno, especialmente do grupo socialista, pois trátase dun centro posto en marcha incumprindo a ilegalidade ao entrar xa no momento da súa apertura persoas cun grado de dependencia superior ao permitido. Ademais a ampliación feita recentemente tampouco se aprobou pola consellería pertinente", subliña.

ree

Destaca que está a traballar na búsqueda da mellor solución en coordinación coa Consellería de Política Social. En concreto, xa leva uns meses en mans dos arquitectos da Xunta para saber se o centro se pode converter en Fogar Residencial. Lamenta a falta de rigor no relativo a este centro pois manteñen que "os socialistas de Monterroso enganaron á veciñanza vendendo que era un centro no que tiña cabida calquera usuario cando non é así. Así mesmo, fíxose unha ampliación da vivenda co fin de que se convirta en fogar residencial sen cumprir a normativa".


Ademais, sinalan que dende que entraron no equipo de goberno sempre intentaron a búsqueda da mellor das solucións para as persoas que non podían residir na mesma axilizando todos os trámites para ser derivadas a outros centros. Así mesmo apuntan "que é un centro cun custe anual de máis de 200.000 euros e que tan só alberga catro usuarios, polo que a búsqueda de solucións é a maior premisa para o equipo de goberno pois actualmente non é atractivo para os veciños de Monterroso ao non prever as necesidades dos mesmos".


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page