top of page

Monterroso opta a fondos de rexeneración e reto demográfica por valor de máis de dous millóns

Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso opta a fondos do programa de rexeneración e reto demográfico do plan de recuperación, transformación e resiliencia cun proxecto integral que pretende mellorar a mobilidade sostible, a enerxía renovable e a contaminación lumínica, tal e como informa o Concello.

O Consistorio de Monterroso. Autor: Ecos da Comarca.

O plan deseñado por esta administración local abrangue tres medidas importantes:

  1. En primeiro lugar, a instalación de xeneración térmica renovable e rede de calor e frío para instalar unha caldeira de biomasa na gardería municipal, apostando por unha instalación cunha gran demanda e cun custe de 38.360 euros.

  2. En segundo lugar, a loita contra a contaminación lumínica, alumado eficiente e intelixente, smart rural e tic na que se contempla a renovación de 66 cadros do municipio, incluíndo a substitución de luminarias antigas por novas LED, a renovación de 19 cadros eléctricos, a substitución de 495 soportes (brazos), o cambio de 923 caixas de conexión e a substitución de 2.650 metros de cableado aéreo trenzado. O custe da renovación total está valorado e 1.138.000 euros.

  3. En último lugar, a mobilidade sostible a través da mellora peonil das rúas que dan acceso aos centros educativos e ós centros deportivos, nas que se inclúe a rúa Lorenzo Varela, a rúa Xela e a Avenida das Neves por valor aproximado dun millón de euros.

"Trátase dun plan ambicioso valorado en máis de dous millóns de euros e que opta a ser

financiado ao cen por cen ao cumprir os parámetros para ser considerado como un plan integral", recalca o equipo de goberno. A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca que é un plan "que fomenta o uso da mobilidade sostible, mellora a calidade de vida dos veciños e supón un gran aforro para as arcas municipais". Ademais recalca "que se cumpre cun compromiso claro adquirido e é o cumprimento do PACES e a aprobación do pacto de alcaldes pola acción local en clima e enerxía no que o Concello asumiu un compromiso claro de loita contra o cambio climático". Ademais, sinala "que se busca o asentamento da poboación, apostando por mellorar os servizos e as infraestructuras que dan acceso aos centros educativos, culturais e deportivos de cara a fomentar a natalidade, a conciliación e hábitos de vida saudables, cubrindo as necesidades dos veciños para ofrecer maior seguridade e benestar".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page