top of page

Monterroso modificará varias ordenanzas para axudar a asentar novas firmas e que medren as asentadas

Laura Moure/Monterroso

O equipo de goberno do Concello de Monterroso quere atraer empresas que xeren riqueza e emprego no seu municipio por iso someterán a pleno a modificación de varias ordenanzas co fin de conseguir "ser un concello emprendedor e ofertar ás empresas e autónomos xa asentados e as de nova creación unha maior simplificación administrativa, bonificacións de ata o 95 % no imposto de bens mobles e no imposte de imposto sobre construcións, instalacións e obras".

Así, bonificarase ata un 95% o imposto sobre ben inmobles cando se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal por fomentar o emprego. Como condicionante o equipo de goberno quere que a sede social sexa no concello de Monterroso ou de tratarse dun centro de traballo se instale o mesmo no polígono industrial. Tamén se modificará a ordenanza reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras e bonificarase con ata o 95 % cando se creen novos postos de traballo.


Ademais destas bonificacións pensadas para xerar postos de traballo, bonificará o imposto de construcións, instalacións e obras nos establecementos comerciais e hostaleiros que realicen obras de mellora nos seus negocios, así como os novos que se creen, sen que sea necesario crear postos de traballo.


Relevo xeracional

Así mesmo co fin de axudar a que os máis novos se queden no rural e que haxa relevo

xeracional nas explotacións agropecuarios bonificaranse o imposto para as incorporacións,

creación de empresas para agricultores mozos e empresas para o desenvolvemento de

pequenas explotacións.


A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca que "é un plan ambicioso de aforro para as empresas que están situadas no noso Concello, así como un incentivo para atraer novas que xeren riqueza e postos de traballo. Trátase dunha oportunidade para apostar por Monterroso xa que afortunadamente Monterroso goza de boas comunicacións xa que máis do 80 % da poboación conta con rede de velocidade 5G e fibra óptica, alcanzando o 100 % no núcleo rural". Sinala ademais que "tamén están do lado dos comerciantes e hostaleiros xa que estas modificacións están pensadas para potenciar o comercio e a hostalaría e facer de Monterroso un lugar atractivo, así como incentivar a modernización dos establecementos".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais, destaca que este plan tamén recolle unha mellora para buscar o asentamento de

poboación, especialmente no rural supoñendo un gran aforro para os mozos que queiran

emprender no sector agrícola e gandeiro, así como cando se opte polo relevo xeracional dunha explotación, unha nova incorporación a unha explotación ou cando se cren novas

empresas no sector primario impulsados por mozos e mozas.


A alcaldesa xunto co equipo de goberno queren "impulsar a reactivación económica ofrecendo servizos de última xeración, así como máis axilidade na tramitación administrativa e maiores incentivos fiscais a empresas e autónomos do seu concello así como buscar a novos que queiran apostar por Monterroso, ademais da dispoñibilidade de só industrial bonificado ao 50 % no polígono industrial de Monterroso".

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page