top of page

Monterroso mellorará pistas por valor de máis de 300.000 euros no primeiro semestre do ano

Laura Moure/Monterroso

"O goberno local de Monterroso está totalmente concienciado da importancia de mellorar os accesos aos núcleos rurais por iso vén de proxectar diferentes melloras en vías municipais", informa o Concello. Así serán mellorados coa axuda doutras administracións pistas por valor de máis de 300.000 euros no primeiro semestre do ano.

Foto arquivo.

En concreto, actuarase con aglomerado en quente nos accesos dende a Nacional 640

ao núcleo de Pol, dende a LU-P 3305 ata Vilamaior, dende LU-221 ata Frameán e o núcleo de Sucastro. Así mesmo, con triple riego mellorarase o camiño dende Güimil ata a LU-221, o camino dende Sirgal ata Seteigrexas e dende o Polígono ata Sirgal; o camiño que une Sambreixo co cemiterio municipal, a vía dende a estrada de Taboada ata O Bispo, en Pedraza e a pista que vai dende a estrada autonómica ata explotacións gandeiras. Tamén levará a cabo actuacións no núcleo de Fufín e mellorará o lugar de Tarrío de Buxergos.


Ademais dende o goberno local recalcan que xa están adxudicadas as actuacións dende A Lucencia a Sestelo e a mellora dos accesos a Gundín, Trascastro, Lentil, Areosa e Sucastro que serán executadas moi pronto. As actuacións serán levadas a cabo a través do Plan de infraestruturas rurais e do plan de melloras de camiños municipais a parcelas agrícolas da Xunta de Galicia do plan único da Deputación de Lugo.

A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca que “é moi importante seguir traballando en mellorar as

vías municipais e continuar traballando para conseguir financiamento externo para levar a cabo estas actuacións”. Recalca que “no ano e medio que levan no goberno municipal fíxose una forte aposta polo rural cunha inversión de máis dun millón de euros que serán invertidos en menos de dous anos”.


A rexedora destaca que “esta liña de traballo do último ano e medio do goberno local permite que a día de hoxe o estado de conservación das vías municipais mellorase considerablemente, aínda que queda moito traballo por facer".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page