top of page
Foto del escritorLaura Moure

Monterroso levará a cabo o repintado das marcas viarias do polígono ao lograr unha axuda da Xunta

Era unha petición moi demandada que mellorará a seguridade desta zona


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso informa que este xoves recibiu notificación da subvención que a Xunta de Galicia lle concede a esta administración local para mellorar as vías do polígono "xa que crean inseguridade tanto no tránsito de vehículos, como nas saídas das naves así como os de peatóns que deciden utilizar toda a zona como a chamada ruta do colesterol", indica o Concello.


En concreto concedeulle unha axuda de 21.828 euros, sendo o investimento total subvencionable de 27.273 euros. "Esta solicitude do equipo de goberno atende tanto a petición dos empresarios do polígono, dos monterrosinos que utilizan estas vías así como de toda a cidadanía pois con esta actuación gáñase en seguridade viaria e delimítase unha boa zona de aparcamiento na vila", engade o goberno local.


Por outra banda, esta semana comezaron as obras na Rúa Olivas Soto. "Dado que se vai intervir no abastecemento, no saneamento, na canalización de servizos, no cambio de beirarrúas e no firme asfáltico prolongaranse as obras durante varios días", apunta o Concello. "Son moitos os veciños e usuarios dos servizos que se ubican nesa rúa os afectados polo que pedimos desculpas de antemán xa que se trata dunha reforma integral da rúa e dos servizos".

Actuación na rúa Olivas Soto de Monterroso.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page