Monterroso lanza unha oferta lúdica e cultural co obxectivo principal de fomentar a conciliación
- Laura Moure
- 19 jun 2022
- 2 Min. de lectura
Trátase de actividades multidisciplinares con actividades deportivas, artísticas, culturais, lúdicas e educativas dirixidas a nenos e mozos de entre 3 e 17 anos
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso lanza unha oferta lúdica e cultural co obxectivo principal de fomentar a conciliación persoal, familiar e laboral e manter unha oferta lúdico, cultural e deportiva para nenos de tódalas idades.
As actividades que organiza están divididas en catro bloques:
Programa culturescencia para nenos entre 12 a 17 anos. Unha ambiciosa novidade deste ano é a actividade culturescencia que impartirán tres mulleres emprendedoras de Monterroso a través da Academia Binomio. A xuventude de 12 a 17 anos poderá participar nunha serie de actividades como xogos, palestras, scape rooms e actividades diversas para seguir aprendendo durante as vacacións pero, sobre todo, para pasalo ben, espertar interese polos temas propostos
Campamento de natación por quincenas mediante a impartición de cursos na área recreativa a Peneda para nenos entre 3 e 17 anos.
Ocioteca para nenos de 3 a 6 anos para que os nenos podan xogar e facer actividades adaptadas as súas idades.
Campamento de verán para nenos entre 6 a 11 anos nos que se impartirán unha ampla lista de actividades especialmente lúdicas e deportivas.

Trátase de actividades multidisciplinares con actividades deportivas, artísticas, culturais, lúdicas e educativas. As actividades desenvolveranse a meirande parte no Centro Sociocultural Lorenzo Varela, pero tamén se utilizarán outros espazos municipais como a Aula Cemit, o pavillón municipal, a Cúpula, así como rutas de sendeirismo, áreas recreativas e espazos naturais do concello. Con este tipo de actividades, visibilizarase tamén o papel do comercio e a hostalaría local e a importancia de mulleres emprendedoras monterrosinas.
Gardería aberta en agosto
Ademais a gardaría municipal non pechará no mes de agosto e estará aberta de oito da mañá a catro da tarde, sendo unha das poucas garderías de toda a provincia que se mantén aberta durante ese tempo.
A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca a importancia de crear e mellorar este tipo de actividades e servizos para que as nais e pais podan conciliar a súa vida familiar e laboral e para fomentar un ocio saudable e educativo para a xuventude. Ademais sinala "que é unha excelente oportunidade para que os nenos e nenas do municipio redescubran, visibilicen e se conciencien da importancia de tódolos recursos do noso concello".
O prazo de matrícula xa está aberto e para máis información e matrícula poderase facer a través do correo electrónico matriculas.escolas.municipais@gmail.com ,no teléfono 982 377 814 ou n o propio Espazo Cultural Lorenzo Varela.
Comments