top of page

Monterroso inaugura o paseo Fluvial Fernando García Vila (Calabrán)

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É en recoñecemento á paixón do monterrosino pola súa vila e especialmente polo río Ulla co seu traballo incesante en prol da asociación de pescadores


Laura Moure/Monterroso

Nos últimos días inaugurouse en Monterroso o novo Paseo Fluvial “Fernando García Vila” (Calabrán) en recoñecemento á paixón do monterrosino pola súa vila e especialmente polo río Ulla co seu traballo incesante en prol da asociación de pescadores, tal e como informa o Concello.

"Ademais foi inaugurado o canal de alevinaxe para a cría de troitas. Un longo e arduo traballo da asociación en colaboración co Concello de Monterroso, no que durante meses se traballou arreo para poñelo en marcha. Con este traballo a asociación é a única con estas instalacións", sinala.


Tamén durante esta fin de semana celebrouse o Memorial anual no que asistiron numerosos pescadores, a meirande parte dos membros da corporación municipal, Ánxeles Vázquez a conselleira de medio ambiente, José Tomé presidente da Deputación de Lugo, Belén do Campo Directora Xeral de Patrimonio Natural, diversos alcaldes de concellos limítrofes, senadores e deputados.

A alcaldesa de Monterroso recalca, "unha vez máis, o gran traballo de toda a directiva da Asociación de Pescadores, a colaboración co Concello e o gran traballo aprol e en defensa do río Ulla".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page