Monterroso e Palas reciben unha axuda da Xunta para reparar os accesos entre Gontá de Arriba e Gontá de Abaixo
- Laura Moure
- 1 jun 2024
- 1 Min. de lectura
A actuación supón un investimento de 22.780 euros
Laura Moure/A Ulloa
Os Concello de Monterroso e Palas de Rei veñen de recibir unha axuda da Xunta de Galicia para reparar os accesos entre Gontá de Arriba e Gontá de Abaixo. As obras van consistir na adecuación dos accesos entre os dous pobos con capa de formigón.

En concreto, o Goberno galego concédelles aos dous Concellos esta subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinada a concellos de Galicia para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida.
Publicidade
A Xunta concede a subvención por importe de 15.946,48 euros, (o 70% do importe total), para o proxecto denominado ‘Pavimentación de camiño público de Palas de Rei e Monterroso’, que ten un orzamento total de 22.780,68 euros.
Publicidade
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, visitaron a zona onde se vai actuar acompañados do pedáneo, José Manuel Porto.
Comments