Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Monterroso e outros cinco concellos lucenses mostrarán o seu patrimonio a través dun Escape Way

Cada lugar disporá dunha aplicación móbil co seu propio xogo para resolver un enigma mentres se percorren as rúas e lugares de interese


Laura Moure/Monterroso

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu este mércores a presentación da iniciativa The Escape Way, que se desenvolverá en seis concellos do Camiño Francés da provincia de Lugo, en concreto os de O Cebreiro, Samos, Triacastela, Paradela, Portomarín e Monterroso. Está promovida pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago e conta cunha achega de 7.500 euros da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.


Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira; e en representación da entidade promotora, a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias -membro da xunta directiva da Asociación-, a alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas, o alcalde de Samos, Julio Gallego, e o tenente de alcalde de Portomarín, Pablo Rivas.

Cada un dos concellos participantes contará co seu propio xogo, dispoñible a partir do sábado a través dunha aplicación de descarga gratuíta. Conxuga a plataforma tecnolóxica con elementos físicos, de forma que só é posible xogar sobre o terreo. O obxectivo é que os visitantes percorran as rúas e se acheguen ao patrimonio e aos lugares de interese mentres resolven o enigma proposto.


Todos os xogos son distintos, con diferentes probas creadas expresamente con elementos propios do concello, polo que cada caso resulta unha experiencia única. Ofrecen contidos en varios formatos, como vídeos, fotografías, textos, ilustracións ou locucións e están deseñados para unha duración aproximada de entre 40 e 90 minutos.


O delegado territorial gabou a proposta e subliñou que “resulta atractiva para persoas de todas as idades e moi especialmente para os máis novos, facilitando unha aprendizaxe lúdica da historia e da cultura da ruta xacobea”. A asociación promotora é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por máis dun cento de municipios españois no Camiño Francés, nos que está a estender esta alternativa tecnolóxica de ocio e de promoción da ruta.

79 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE