As actuacións levaranse a cabo en Lamarretorta, Lentil e Areosa, na parroquia de Novelúa
Laura Moure/Monterroso
O Goberno local do Concello de Monterroso vén de recibir unha axuda por importe de 65.690,51 euros do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025. A actuación, solicitada á Xunta a través do AGADER, está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Publicidade
Os camiños obxecto do proxecto dan acceso a varias parcelas de uso agrícola, así como a explotacións situadas nos lugares de Lamarretorta, de Lentil e de Areosa, na parroquia de Novelúa.
Actuacións
Camiño dende entronque coa nacional N-640 dirección Areosa, pasando por cruces con camiños de acceso aos lugares de Lamarretorta e a Lentil cunha lonxitiude de 1.585 metros e Camiño de acceso a lugar de Lamarretorta cunha lonxitude de 202 metros. Faranse obras de mellora de reforzo do firme existente coa incorporación dunha nova capa de aglomerado en quente, adecuado ao tráfico rodado que soportan. Tamén se levarán a cabo obras de mellora da drenaxe coa limpeza de foxo con motoniveladora. Proxéctase ademais a mellora da sinalización das interseccións, en especial coa estrada N-640 coa instalación de sinais horizontais e verticais.
Publicidade
O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, destaca a importancia destas obras “que permitirán un mellor acceso ás explotacións, o que facilitará a actividade agrícola e gandeira na zona”.
Comments