Nos orzamentos do 2022 prevese unha importante subida que se eleva a 76.400 euros para este mesmo fin
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso firmou convenios con sete asociacións municipais por un importe total de 43.912 euros. Estas son a Asociación Falcatrueiros, a Sociedade Deportiva Monterroso, o Club Ciclista San Miguel, a Asociación de Pescadores, a Asociación 25 Xastres, a Ampa do Colexio e a Ampa do Instituto.
Nos orzamentos do 2022 prevese unha importante subida que se eleva a 76.400 euros sendo beneficiarios a Sociedade Deportiva Monterroso (16.000 euros), o Clube Ciclista San Miguel (1.500 euros), Slalom Monterroso (4.000 euros), Agrupación Deportiva de Veteranos de Monterroso (200 euros), Pilotos Automobilísticos (600 euros), Asociación Cultural Galega e Formación Permanente de Adultos (2.500 euros), Asociación da Terceira Idade (2.000 euros), Asociación Pais do IES (1.500 euros), Asociación Cultural 25 Xastres (7.000 euros), Coral Ecos da Ulloa (2.500 euros), Asociación Cultural Falcatrueiros (10.000 euros), Anpa colexio para actividades extraescolares (2.000 euros), Asociación Amas de Casa (600 euros), comisión de festas parroquiais (6.000 euros), Organización Festa da Xuventude (1.500 euros), Asociación de Pescadores de A Ulloa (2.000 euros), Entropia Folck (2.000 euros), Asociación Agrocuir da Ulloa (5.000 euros), Asociación Sociocultural de la Casa Cuartel de la Guardia Civil de Monterroso (3.000 euros), Asociación Veciños de Vilamaior (2.500 euros) e subvención a servicios sociais (4.000 euros).

Polo tanto, na anualidade 2022 serán 22 os colectivos que poderán realizar actividades e inversións mediante este sistema de firma de convenios co Concello de Monterroso. A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca a colaboración do Concello con estas entidades. "Pois non só se trata de asignar unha cuantía económica senón que en numerosos casos os colectivos poden desfrutar de medios do Concello como axuda do persoal do Concello e instalacións municipais, así como colaboracións económicas extras en asuntos puntuais tal e como se fixo no ano anterior". Sinala que se trata da maior contía asignada nos orzamentos dos últimos anos considerando que "é de vital importancia apoiar aos colectivos para fomentar a cultura e a diversidade, potenciar os valores e o noso rural, promocionar exteriormente o noso concello, conservar e rexurdir costumes e tradicións da vila, apoiar as iniciativas que enriquecen o noso pobo, fomentar as actividades deportivas e cardiosaudables, así como mellorar a vida social, cultural, asistencial e sanitario dos monterrosinos".
Comentarios