top of page

Monterroso convoca o primeiro Concurso de Fotografía con motivo do Día Internacional da Muller

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Repartirá un total de 350 euros aboados mediante o sistema de tarxeta moedeiro que terá que ser consumida integramente en establecementos deste municipio

O Consistorio de Monterroso.


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso, a través da Concellería de Muller e Igualdade, convoca a primeira edición do Concurso de Fotografía con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, que se conmemora todos os 8 de marzo.


Poderá participar calquera persoa física maior de idade e convócase este concurso, centrado no ámbito do traballo, coa finalidade de que a través das imaxes se reflicta o papel das mulleres no seu eido laboral cotiá e así darlle a visibilidade e o lugar que merecen. As fotografías deberán ser orixinais en cor, feitas tanto con cámaras como con teléfonos móbiles, en vertical ou en horizontal, quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico e filtros.


Para participar será necesario enviar un correo coa indicación “I Concurso de Fotografía “A Muller Traballadora” á dirección espazo.lorenzo.varela@gmail.com cos seguintes datos: Nome, apelidos e número de DNI da persoa participante. Poden mandarse tres fotografías como máximo por cada participante e cada imaxe debe levar un título. O prazo de participación será dende o día 8 de marzo ata o día 28 deste mesmo mes, ambos incluídos.


Premios

Establécense os seguinte premios:

1º premio: 200 euros máis diploma

2º premio: 100 euros máis diploma

3º premio: 50 euros máis diploma

Estas contías serán aboadas mediante o sistema de tarxeta moedeiro que terá que ser consumida integramente en establecementos sitos no concello de Monterroso. Con todas as fotografías recibidas durante o concurso farase unha composición que estará exposta no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Tamén haberá un pequeno agasallo para tódolos participantes.


A decisión do xurado darase a coñecer o día 31 de marzo na páxina web do concello así como nas redes sociais do mesmo.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page