Está ubicado no Espazo Lorenzo Varela
Laura Moure/Monterroso
Estes últimos días O Taller da Ulloa, en colaboración co Concello de Monterroso e a Asociación Senior de Telefónica de Lugo (ASTELU) realizou un fermoso mural no Espazo
Lorenzo Varela, xusto nunha das paredes que dan acceso ao seu local. Na inauguración do mesmo asistiu a alcaldesa, Rocío Seijas, para destacar a importancia de seguir apoiando este taller prelaboral para persoas con discapacidade e crear sinerxias con outras asociacións como a Astelu.

Á inauguración do mural tamén foron invitados os familiares do alumnado. Este e os docentes agasallaron aos convidados cun catering feito con moito agarimo polos participantes do taller da Ulloa, especialmente tódolos envoltorios feitos con papel reciclado e elaborados todos a man. Ademais a velada foi ambientada pola música en directo da asoaciación Astelu.
O mural inaugurado pode desfrutalo todo o público en xeral ao estar ubicado nunha das
paredes do Espazo Lorenzo Varela. "Lembrar que o Taller da Ulloa é un taller Prelaboral para persoas con discapacidade con sede en Monterroso (Lugo). Este taller pertenece a Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Lugo (COGAMI LUGO). Ademais de formar ao alumnado tamén realiza produtos feitos a man de forma totalmente artesanal. A base do seu traballo é o cartón, o papel reciclado e o papel de augas", explica o Concello.
A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca a labor deste taller "como medida para formar e conciliar a persoas con dependencia e que é de cabida a usuarios de toda a comarca".
Ademais resalta "a importancia de continuar apoiándoos e fomentando unha interación co diversos colectivos para lograr unha integración".
Comments