Celebrarase o Día do Neno, haberá a ruta de bares, fogos artificiais, misas e moita música
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso celebra as súas festas do San Miguel do 27 ao 30 de setembro. Celebrarase o Día do Neno, haberá a ruta de bares, fogos artificiais, misas e moita música. O Concello agradece o traballo da comisión de festas que está conformada por María José Liñares, David Ríos, Balbino Martínez, Felicidad Castiñeira e Jessica Rodríguez.
Venres, 27 de setembro. Arrancarán os festexos ás 21:00 horas co pregón na Casa do Concello. Despois, sobre as 22:30 horas, actuará o dúo Trasnos e de seguido, a orquestra Olympus.
Sábado, 28. O pasarrúas será a cargo da Asociación Sociocultural Falcatrueiros. A misa solemne será ás 12 horas. A Banda de Música de Antas de Ulla amenizará a procesión, a sesión vermú e ofrecerá un concerto ás 20 horas. Ás 18 horas celebrararse o Día do Neno con inchables gratuítos no Espazo Lorenzo Varela e ás19 horas haberá ruta de bares con animación. A verbena correrá a cargo de Aixa Romay e o grupo Origen. Ás 00:15 horas haberá fogos artificiais.
Publicidade
Domingo, 29. A Banda de Música de Visantoña poñerán o ritmo dos pasarrúas, da procesión e da sesión vermú e tamén actuará ás 19:30 horas. A misa solemne será ás 12 horas. Ás 18 horas actuará a Escola Gold Dance na Cúpula. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas, o ritmo marcarao o dúo Sonidos e a orquestra París de Noia.
Luns, 30. A misa solemne será tamén ás 12 horas. Ás 22:30 horas actuará a orquestra Los Players.
Comments