top of page

Monterroso ateigouse pola súa gran Feira de Santos

Laura Moure/Monterroso

A localidade de Monterroso recibiu onte pola mañá gran cantidade de visitantes chegados de distintas zonas. Foron moitos os que decidiron desfrutar do día festivo na Feira de Santos de Monterroso, a mellor feira do ano.

Houbo distintos atractivos para ver. Autor: A.R.M.


As rúas ateigáronse de xente así como os distintos recintos nos que se puideron ver animais variados, máis de 800 postos de produtos alimentarios e de artesanía...


Visita da conselleira

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, achegouse ata este mercado, declarado Festa de Interese Turístico en 2011. Visitou algún dos 850 postos de venda con produtos agrícolas e de horta, gandeiros e elaborados que desde o 31 de outubro, converteron a este concello lucense no epicentro gastronómico de Galicia. Acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, a conselleira incidiu na importancia que ten un evento deste tipo para o municipio, ao tratarse dun escaparate único para poñer en valor a produción de proximidade e o aproveitamento sostible dos recursos naturais que atesoura Galicia en xeral e a comarca da Ulloa en particular. 


Neste sentido, cómpre subliñar que, tras dous anos marcados pola pandemia da Covid, estimouse que a afluencia a esta nova edición do mercado de Monterroso superase as 20.000 persoas, unha cifra moi importante para un municipio de 3.500 veciños e que cada ano por estas datas atrae a visitantes procedentes de toda a Comunidade pola calidade e variedade dos queixos, castañas, carnes e doces que pon á venda.  


Século XV

Pola súa banda, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, ensalzou o labor dos gandeiros e dos agricultores galegos, así como das súas producións, para que a nosa comunidade sexa distinguida pola súa calidade no eido gastronómico. De feito, a Feira de Santos de Monterroso está considerado un dos mercados rurais de produtos de temporada máis importantes e antigos de toda Galicia, xa que o seu nacemento remóntase a mediados do século XV. Por este motivo, no ano 2011 a Xunta decidiu declarala Festa de Interese Turístico de Galicia.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Sen dúbida, esta cita con tanta tradición na Ulloa volveu a respirar o gran ambiente festivo dos anos anteriores á pandemia..


NOTICIA RELACIONADA:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page