top of page

Monterroso aproba a cesión á Xunta dun tramo da estrada LU-221 para que mellore o seu estado

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A proposta da Alcaldía foi decidida onte no pleno


Ecos da Comarca/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso a través dunha proposta de Alcaldía pide aprobar a mutación demanial subxectiva por cesión da titularidade do tramo da estrada LU-221 (Monterroso N-l40-Palas de Rei N-547) pq 0+000 ao 0+660 (calzada) a favor da Xunta de Galicia sen cambio do destino e en exercicio das súas competencias. A proposta de Alcaldía foi sometida a votación no Pleno que a Corporación celebrou onte. Foi aprobada por maioría, votando todos os partidos políticos a favor mentres que o BNG se abstivo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O alcalde toma esta decisión tendo en conta o mal estado de LU-221 no seu tramo comprendido entre o pq 0+000 e o 0+660, polo que se fai necesario levar a cabo a cesión da titularidade da estrada a favor da Xunta de Galicia para fins da súa competencia vinculados ao uso ou servizo público.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

O firme presenta un estado “mellorable”

A pesar de que as beirarrúas e o estacionamento en superficie se atopan nun estado de conservación aceptable, non ocorre o mesmo co firme de aglomerado asfáltico da calzada, que presenta un estado “mellorable”. En concreto, refire importantes danos, como deformacións polo paso de vehículos pesados e fochas (algunhas xa marcadas), o que supón un risco para os vehículos que transitan a vía.


Ao saír adiante a proposta, a Xunta poderá intervir na vía mellorando o seu estado e a seguridade da mesma.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page