top of page

Monterroso albergará o venres e sábado unha iniciativa para fomentar o comercio local

Inclúe descontos, sorteos e música


Laura Moure/Monterroso

Monterroso volve unha vez máis a animar o comercio local e incentivar que os

monterrosinos, visitantes e todo aquel que queira produtos de calidade con grandes

descontos o atope en Monterroso os días 12 e 13 de xullo.


Os comercios participantes son Otero Moda, Floristería Divina, Floristería Marisa, La

Coquette, Argalleiras, Marton Sport, Ferretería Pascua, Librería D’Papel, Creaciones

Gaspar, Suministros Eva Ríos, Zapatería Monterroso, Zapatería Cris Abad, Moda Ramos,

Triscos, Mercería Casa Gaseosas y Decor Hogar Kare.

ree

Para incentivar e animar aos consumidores a mercar, por cada ticket entrarase nun

sorteo de 10 tarxetas por valor de 500 euros que se entregarán aos gañadores para

volver a empregar nos comercios participantes. Cada establecemento estará debidamente sinalizado cunha banderola na que se visibilizará En Monterroso, sen ir máis lonxe! nunha campaña de sensibilización e aposta polo comercio local.


Para dinamizar o pobo tamén haberá animación de rúa. O venres 12 pola tarde

animarán as rúas do pobo a Charanga Os Centellas e o sábado 13 pola mañá será o

turno da charanga monterrosina Os Chafalleiros.

ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca que se trata unha vez máis de apoiar e visibilizar ao

comercio local, incentivar as compras e sensibilizar á poboación da importancia de

consumir e mercar no pobo para revitalizalo. Ademais sinala que a pesar de tratarse dunha aportación económica, xestión e organización municipal é de agradecer o compromiso e a maneira de involucrarse do comercio local para manter vivo Monterroso.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page