top of page
Foto del escritorLaura Moure

Monterroso albergará a 'Campaña de Nadal, Comercio na rúa'

Está organizada polo Concello en colaboración con algúns empresarios e terá lugar do 4 de decembro ao 8 de xaneiro e haberá distintos sorteos


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso, en colaboración cun grupo de empresarios da vila convoca e

participa na organización do evento organización do evento Campaña de Nadal. Comercio na rúa, entre os días 4 de decembro e 8 de xaneiro, co obxectivo de incentivar e potenciar o consumo na vila. Terá lugar a apertura dos comercios participantes na rúa, para poder mover o stock almacenado, promocionando o consumo na vila.

Os negocios pederán ocupar chan público durante entre os días 4 de decembro e 8 de

xaneiro en horario comercial para poder desenvolver a actividade e exporán ao público os

distintivos que lles proporcionará o Concello. O Concello desenvolverá dous sorteos de 540 euros en 18 tarxetas regalo dos comercios.


Inscrición antes do día 3

Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 3 de decembro, por WhatsApp no teléfono da traballadora de cultura. Tamén farán constar as mesas que precisan para desenvolver a actividade. O Concello proporcionará aos negocios participantes as banderolas que estarán obrigados a poñer en zona visible o día do evento e bolsas de papel co lema En Monterroso, sen ir máis lonxe.


Publicidade

O Concello proporcionará aos negocios participantes as papeletas e urnas para desenvolver o sorteo, estes deberán cubrir o recadro correspondente para coñecer a procedencia das papeletas. Non se poderán presentar ao sorteo os titulares dos comercios participantes, se son personas físicas ou se os empresarios son persoas xurídicas, os socios, os seus familiares directos (cónxuxes, ascendentes ou descendentes en primeiro grado) ou os seus empregados, con papeletas obtidas por compras no seu propio establecimento.


Consideranse papeletas válidas as que conteñan todos os datos requeridos para la identificación dos participantes (nome, apelidos e teléfono) para así poder localizalos para realizar a entrega do premio.


Publicidade

Os sorteos realizaranse os días 26 de decembro e 8 de xaneiro a partir das 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido por redes sociais. En canto as premios haberá 36 tarxetas regalo de todos os negocios participantes valorados en 30 euros cada unha que suman un total de 1.080 euros.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page