top of page

Monterroso adxudica a Construcciones y obras Taboada y Ramos SLU a mellora de vías por 240.000 euros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Prevese que as actuacións se leven a cabo no prazo dun mes


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso continúa a mellorar as vías municipais. Vén de adxudicar as obras para a mellora de 1.275 metros dende a Nacional 540 ata o remate da aldea de Pol, 300 metros en Sucastro, 850 metros dende Sirgal ata Seteigrexas, 500 metros dende o polígono ata Sirgal, 1000 metros dende a LU-3305 ata Vilamaior, 170 metros dende a LU-221 ata o núcleo de San Pedro de Framéan, 600 metros ata o cementerio de San Breixo, 650 metros percorrendo o núcleo de Tarrío de Buxergos ata a finalización do mesmo, 1.100 metros unindo pequenos núcleos ao longo da parroquia de Fufín, e 1.400 metros dende Pedraza ata o acceso a unha das explotacións máis próximas. Estas obras prevense realizar no prazo dun mes logo da adxudicación á empresa Construcciones y obras Taboada y Ramos SLU por importe de máis de 240.000 euros.

A alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas.

Así mesmo está en licitación a mellora da vía dende A Ponte dos Carros ata Leborei e

Vilanova por importe de 55.000 euros e que prevé o arranxo de máis de un quilómetro e

medio para poder dar accesibilidade a vehículos pesados e aliviar a carga da ponte de

Leborei e do seu núcleo.


No núcleo urbano xa están rematados os proxectos para poder executar obras rúa

Concepción Arenal para mellorar a accesibilidade e seguridade de acceso ao centro de

saúde, gardería e cámara agraria. Ademais tamén se mellorará a rúa Rosalía de Castro.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A alcaldesa, Rocío Seijas, destaca "a importancia e o compromiso por mellorar as vías de

comunicación e facer un esforzo económico coa axuda económica doutras administracións así como con remanentes do Concello actuando en máis de 10 quilómetros de lonxitude nestes próximos meses". Ademais, a rexedora sinala "que é prioritario mellorar a calidade de vida dos monterrosinos e fomentar a vida no rural mellorando os servizos e vías de comunicación, un compromiso adquirido no momento de entrada no goberno hai escasos dous anos".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page