top of page

Monterroso acomete as obras de asfaltado do camiño de acceso dende a N-640 en dirección Areosa

Ecos da Comarca/Monterroso

O Concello de Monterroso acomete as obras de asfaltado do camiño de acceso dende a N-640 en dirección Areosa. Esta primeira fase inclúe o aglomerado ata o lugar de Lentil e o ramal de Lamaretorta.

Levouse a cabo a mellora de reforzo do firme existente coa incorporación dunha nova capa de aglomerado en quente, adecuado ao tráfico rodado que soportan. Tamén se levaron a cabo obras de mellora da drenaxe coa limpeza de foxo con motoniveladora. A actuación prevé ademais a mellora da sinalización das interseccións, en especial coa estrada N-640 coa instalación de sinais horizontais e verticais.


O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, destaca a importancia destas obras do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024-2025 “que permitirán un mellor acceso ás explotacións, o que facilitará a actividade agrícola e gandeira na zona”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actuación, solicitada á Xunta a través do AGADER, está cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).




Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page