Monterroso acollerá unha Feira de Oportunidades para os días 8 e 9 de agosto
- Laura Moure

- 29 jul 2025
- 1 Min. de lectura
O Goberno local levará a cabo un sorteo de 480 euros repartidos en vales de compra nos negocios participantes
Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso en colaboración cun grupo de empresarios e empresarias da vila convoca unha nova Feira de Oportunidades para os días 8 e 9 de agosto co obxectivo de incentivar o consumo na vila.

O Goberno local levará a cabo un sorteo de 480 euros repartidos en vales de compra nos negocios participantes, por un importe máximo de 30 euros cada un.
Publicidade
Os negocios interesados en participar deberán inscribirse antes do día 30 de xullo, por whatsapp no teléfono da traballadora de cultura (626 52 98 93).
Publicidade
O sorteo realizarase o 11 de agosto ás 11:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela e será retransmitido polas redes sociais oficiais do Concello de Monterroso.
Bases da campaña en www.monterroso.es








Comentarios