Monterroso acollerá o día 22 a presentación dun libro do profesor monterrosino Carlos Vázquez García
- ecosdacomarca
- 13 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso

O concello de Monterroso acolle o venres 22 a presentación dun libro do profesor monterrosino Carlos Vázquez García, nado no ano 1957. O volume leva por título Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello.
Publicidade
O acto terá lugar no salón de actos do Concello De Monterroso o día 22 ás 20:00 horas. As persoas que asistan levarán como agasallo un exemplar do volume.
Publicidade
Comentários