Un mural, un Photocall, a lectura dun manifesto e un contacontos conforman esta campaña
Ecos da Comarca/Monterroso
O Concello de Monterroso levará a cabo distintas actividades nesta semana para loitar contra a violencia de xénero, xa que este xoves, día 25, conmemórase o Día internacional contra a violencia de xénero.
Elaborarase un mural colaborativo a cargo de Espazo Matrioska. "Achégate a ver o proceso e, se te animas, dá unhas pinceladas!", indica o Concello. Será o mércores de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas e o xoves de 10:00 a 14:00 horas na Cúpula.
Haberá un Photocall na praza do Campo de Manés. "Fotografíate e publica as túas fotos de apoio ó rexeitamento á violencia de xénero".
Instalación decorativa / photocall no templete.
Terá lugar a lectura dun manifesto e gardarase un minuto de silencio o día 25 ás 12:00 horas diante do concello.
E por último, tamén o 25 haberá un contacontos infantil ás 17:30 horas no Espazo Lorenzo Varela.
Comments