Laura Moure/Monterroso
"Monterroso cerra un ano volcado no rural co maior investimento dos últimos anos, tanto con medios externos como propios", indica o Concello. Trátase dun plan de acción levado a cabo polo equipo de goberno no que se pavimentou numerosas estradas municipais nos lugares de San Pedro de Framéan, Sirgal, Lourentín, Seixós, A Goleta, O Muíño, Outeiro, Milleirós, Vilamaior, na Ermida, Esteba, A Previsa, Ligonde, O Marco, Salgueiros, O Fental, Arada, Tarrío de Buxergos, O Bispo, Montecalvo e no que xa está adxudicadas as actuacións en Gundín, Güimil, Trascastro, Tarrío e A Lucencia. Así mesmo, levaronse a cabo labores de rebacheo no Camiño de Santiago e nos lugares de Tarrío de Buxergos, Lardeiros, Pedraza, Arada, Esporiz e A Eirexe.
"Ademais, numerosas actuacións foron levadas a cabo pola brigada de obras pois o noventa por cento do seu traballo foi desenvolto nos núcleos rurais, mellorando a calidade de vida, a accesibilidade, sinalización e seguridade facendo todo tipo de actuacións cunha brigada de máis de cinco persoas", subliña o Concello. Tamén se ampliaron camiños veciñais como foi o caso na parroquia de Pol para mellorar o acceso a parcelas agrícolas.
No plan de desbroces figuran actuacións en tódalas pistas de titularidade municipal, no
que nalgúns casos tiveron que realizar desbroces ata en tres ocasións. Neste senso lamentan "o desdeixo que xa foi denunciado e requirido en varias ocasións á deputación provincial pois esta non actuou nas vías da súa titularidade, comezando os traballos esta mesma semana e poñendo en risco a seguridade de condutores e viandantes das estradas provinciais".
Tamén se levaron a cabo tareas de posta en marcha e limpeza de rutas de sendeirismo como a ruta do Picón, a ruta que dá acceso ao Castro Cercio, a ruta do río Ulla ou a recentemente posta en marcha a ruta do novo ao vello Monterroso que intentan impulsar hábitos de vida saudables e que sexan un reclamo turístico.

O equipo de goberno tamén recalca o seu compromiso ca mellora da calidade de vida do
cidadáns do rural instalando novos puntos de luz tan necesarios nalgúns casos e no que xa está traballando para que todos sexan eficientes enerxeticamente e que contan comezar no vindeiro ano. Resaltan que se realizaron labores de saneamento de pluviais en zonas rurais para evitar filtracións en vivendas adxacentes en Sambreixo, no Marco e canalización de augas de núcleos para evitar o destrozo do viario municipal en Guimil e na Lucencia, así como o desatasco de numerosas tajeas. E tamén instalaron novas marquesiñas e bancos no rural para humanizar os espazos.
Con todas estas actuación o equipo de goberno mostra o seu compromiso no que xa está
traballando para continuar mellorando a vida do rural e buscar financiación a través doutras administracións para poder levar a cabo o próximo ano un plan de pavimentación do maior parte das pistas do rural.
Comments