top of page

Monterroso abre o luns o prazo de inscrición na formación universitaria para maiores de 50 ‘Camiños de Coñecemento e Experiencia’

A formación abrangue catro seminarios relacionados coas áreas científica, a xurídica e humanística e a artística


Laura Moure/Monterroso

O Concello de Monterroso participa no Programa Democratización do Coñecemento implicando á poboación de máis de 50 anos do municipio. Trátase dun programa de interese público que garante o dereito de todos os cidadáns ao acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos.


Dende a Universidade de Santiago e, en concreto dende o Vicerreitorado de Estudantes e Cultura, o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo deseñase o programa formativo que se levará a cabo no mes de maio no Espazo Cultural Lorenzo Varela.


A formación, teórica e práctica, abrangue catro seminarios relacionados coas

áreas científica, a xurídica e humanística e a artística. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo no Espazo Cultural Lorenzo Varela.

Programa

OBRADOIRO Nº 1

A RELEVANCIA, A DIVERSIDADE E A RIQUEZA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO: UNHA APROXIMACIÓN Á HISTORA DA MÚSICA GALEGA E AOS

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.

Datas: 8 (sesión teórica) e 9 (sesión práctica) de maio.

Docentes:

Dna. María González Blanco, docente da Facultade de Ciencias da Educación

Dna. Luisine Grigoryan Zohrabyan, docente colaboradora do IV CICLO

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

OBRADOIRO Nº 2

O IMPACTO SOCIOECONÓMICO DAS VELUTINAS

Datas: 14 (sesión teórica) e 16 (sesión práctica) de maio.

Docente: Dna. María Amparo Ferreira Golpe, docente da Escola Politécnica Superior de

Enerxía e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO


OBRADOIRO Nº 3

HIDROLOXÍA E AGUAS SUBTERRÁNEAS

Data: 15 de maio.

Docente: D. Jorge Dafonte Dafonte, profesor da Escola Politécnica Superior de Enerxía

da USC


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

OBRADOIRO Nº 4

MODA, ARTE E HISTORIA: UNHA LECTURA DIFERENTE DO PATRIMONIO GALEGO

Sesión práctica: entre fíos, pinceis e ciceis.

Data: 21 de maio

Docente: Dna. Mónica Rey Cabezudo, Profesora da Facultade de Xeografía e Historia do

Programa Universitario de maiores USC


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page