Ecos da Comarca/Arzúa
O 15 de marzo, a FOLĪA das ARDENTES chega á Festa do Queixo de Arzúa. O cantareiro, bailador e compositor Mondra será un dos grandes protagonistas do 50 aniversario, poñendo o broche de ouro á súa xira no escenario da Festa do Queixo.

Despois de arrasar con temas como PUNHETA! (xunto a Fillas de Cassandra) ou RUMBAMBĀ, Mondra preséntase na Festa do Queixo co seu primeiro álbum, ARDĒN, un traballo no que a música tradicional galega e a electrónica dialogan para crear un espectáculo cheo de identidade, celebración e apoderamento.
Publicidade
"Se querías festa, aquí a tes! O 15 de marzo vivirase unha noite chea de música en Arzúa, con The Rapants, Capital Voskov e Mondra no cartel... e aínda queda máis por anunciar! Estades listas e listos para bailar ata non poder máis?", sinala a organización.
Commentaires