Moita precaución: Accidente na parroquia melidense de Zas de Rei
- ecosdacomarca

- 1 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Pasados uns minutos das catro da tarde deste sábado produciuse un accidente no municipio de Melide. En concreto, no lugar das Seixas, na parroquia de Zas de Rei.

Moita precaución porque a esta hora (17:15 horas) o vehículo, como se apreza na imaxe continúa no lugar.
Como informa o 112 Galicia, que foi alertado por Urxencias Sanitarias, foi mobilizado un helicóptero do 061 que aterrizou nun prado próximo. Ademais do helicóptero e da ambulancia, no lugar atópanse Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Melide e tamén se informou aos Bombeiros de Arzúa e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
"Protección Civil indicounos que no vehículo viaxaban dúas persoas e que resultaron feridas", apunta o 112 Galicia.







Comentarios