top of page

Mobilizan ao helicóptero do 061 tras sufrir un motorista un accidente en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Foto Arquivo

Na noite de onte, un motorista foi trasladado en ambulancia despois de sufrir un accidente co seu vehículo cando circulaba polo camiño de Buxacos, na parroquia arzuá de Lema, tal e como informa o 112 Galicia.


O envío da axuda ata o lugar para atender ao home ferido foi posible grazas a chamada de alerta dunha persoa particular que atopou ao motorista caído nunha cuneta ao fío das 21:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Segundo a información facilitada ao 112, o ferido atopábase debaixo do vehículo. Con estes datos, o persoal do CIAE-112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais sanitarios, que mobilizaron ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, o motorista foi evacuado en ambulancia acompañado polos médicos que se atopaban na aeronave. Ao lugar acudiron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico tras ser informados polo 112.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page