Mobilizados os bombeiros de Arzúa debido a un conato de incendio nunha casa en Melide
Ecos da Comarca/Melide
Os Bombeiros do Parque Provincial de Arzúa tiveron que desprazarse, onte, domingo, pola tarde debido a un incendio nunha vivenda en Melide.

PUBLICIDADE

"Fomos mobilizados polo 112 ás 17:51 horas. Informan que na Travesía Cabanas, no concello de Melide vían saír moito fume do interior dunha vivenda abandona. Comentan tamén que ese lugar leva ocupado por unha persoa xa fai varios días", indican os Bombeiros.
PUBLICIDADE
"A nosa chegada, atopámonos cunha pequena fogueira e moito fume no interior. Extinguimos e ventilamos de forma natural", engaden.








Comentarios