Ecos da Comarca/Lalín
Un motorista chama ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para a súa acompañante, ferida tras colidir cun turismo.
O accidente acabou mobilizando un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Santiago.
Publicidade
Pasaban uns minutos do mediodía, cando o condutor dunha moto contactou co 112 Galicia para pedir asistencia, pois a súa compañeira estaba ferida tras a colisión cun turismo.
O sinistro rexistrouse na rotonda que enlaza a N-640 coa PO-206, en Lalín, a onde acabou acudindo un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Santiago.
Publicidade
Para colaborar nas labores de aterraxe da aeronave, desde o 112, solicitouse a intervención dos membros do GES de Lalín, así como dos axentes da Policía Local
Comentarios