Mireya Otero lémbralle a Álex Fiuza que Xuntos mellorou o Plan Concilia e creouse o de Madrugadores
- ecosdacomarca

- 17 jul 2022
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O equipo de Xuntos asegura que "está moi tranquilo ante as últimas declaracións do voceiro do BNG, Alex Fiuza, nos medios, onde afirma que os pais non estaban conforme cos horarios que se acordaron, "algo inaudito" segundo a concelleira Mireya Otero porque ela mesma acordou estes horarios cos pais e nais, tentando favorecer no posible a todos e a todas, como afirma a edil. "O custo do servizo non vai ser maior por poñer unha hora ou outra, si terá un prezo un pouco maior os que elixiron o horario de 8:00 a 9:45, que por suposto está contemplado e hai nenos apuntados nese horario, polo que o goberno de Xuntos tomou a decisión en base ás peticións recibidas".

Ademais reta a Álex Fiuza a que presente un escrito coas firmas dos representantes do ANPA, que dea credibilidade a esas palabras. Otero non entende que Fiuza "non fale coas súas compañeiras do BNG beneficiadas deste servizo" e indica que sabe perfectamente "que Alex mente no horario, e aínda así sabéndoo permítense sacar unha nota de prensa chea de mentiras. Falar é gratuíto” e aconsella ao representante do BNG “que se poña a traballar por todos os veciños e veciñas e que empece por deixar de votar en contra nos plenos ás infraestruturas que nos benefician a todos, só coa intención de paralizar os traballos”.
A concelleira sabe que os veciños e veciñas de Vila de Cruces “que non son parvos verán nas palabras do BNG as súas intencións" e aproveita para lembrarlle a Fiuza que "ata que gobernou Xuntos en Vila de Cruces non existía o Plan Concilia en Semana Santa, nin autobuses para os nenos no verán, nin sequera había actividades no mes de decembro acorde as necesidades, e por suposto creouse o plan Madruga que non existía, pero iso
dá igual. O importante é rabuñar votos como sexa. A proba está en que se o goberno de Xuntos leva proxectos aos plenos e Alex Fiuza no canto de apoialos e axudar, dedícase a votar en contra, sen ningún argumento razoable, como se pode comprobar nos vídeos".
Así mesmo, sinala que "do único que están preocupado realmente este grupo político que ten á fronte a Fiuza, é de conseguir a cadeira de brazos da Alcaldía como xa se demostrou, e máis nos próximos plenos, todos poderán comprobar cales serán as votacións de Álex e os seus compañeiros aos investimentos que Xuntos vai propoñer. Non teñen ningún reparo en aliarse co PP con total de amolar ao goberno, sen importarlles que iso deixen a parroquias sen investimentos, como xa fixeron nalgunha ocasión", acusa.
O QUE DIXO O BNG:







Comentarios