"Minería e protección cultural e ambiental non son compatibles", sinala a Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON
- ecosdacomarca
- 30 sept 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/O Pino/Touro
A Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino non escribe o seguinte comunicado. Queres saber a que se refire?
"No concello do Pino na Coruña, atópase o pobo de Cebreiro, nesa mesma localidade é onde está a coñecida como “Camiño Real da feira do 20”, unha vía tradicional e histórica que une esta localidade coa veciña parroquia de Loxo en Touro.
A actividade dunha mina ao descuberto nesas localidades a finais dos anos 80 deteriorou parte deste Camiño histórico e que se segue usando hoxe polos propietarios dos terreos que comunican ambas as localidades, era unha vía de comunicación que acurtaba distancias.
Esta vía está ligada á celebración da tradicional feira, que aínda nestas datas, celébrase todos os meses na Carballeira de San Sadurniño cada día 20, un elemento natural patrimonial catalogado e protexido, e que non pode entenderse sen o “Camiño Real” que lle dá acceso desde o sur de onde viñan en outrora a comerciar desde as localidades de Pontevedra e vinculado tamén ás vías romanas e do Camiño Histórico do Camiño de Francés por Quión; a partir do síglo XVI serviu para as relacións entre os núcleos de poboación de Touro e O Pino, antes de que se realizase o actual trazado da estrada na segunda metade do século XVIII.
Esta carballeira tamén está bordeada polo río de Rozas que nace na ladeira este de o coñecido Monte das Minas e discorre cara a Touro camiño do río Lañas.
Publicidade
Na noite do día 27 de setembro tivo lugar unha “festa mineira” segundo anunciaron en carteis, nos terreos públicos desta Carballeira. Ao seguinte a contorna natural descrita atopábase nun estado lamentable, non só no campo deste espazo natural senón tamén o río das Rozas, con botellas, latas, plásticos, papeis, restos de comida e bebidas polo campo e o río con escumas esbrancuxadas.
Un acto máis de irresponsabilidade, falta de respecto ao medio e ao patrimonio natural. Unha vez máis nos afirmamos en que minería e patrimonio non son compatibles".
Comments