top of page

Mina de Touro: modelos e guía para responder requirimentos ás alegacións

Ecos da Comarca/Touro

A Plataforma Mina Touro O Pino Non e Adega informan que de que numerosas persoas que alegaron ao proxecto de reapertura da Mina de Touro-O Pino están a recibir requirimentos da Xunta para seren recoñecidas como interesadas, ao abeiro do art. 4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo. As administracións interpretan este artigo de xeito restritivo, polo que só recoñecen a condición de interesada ás persoas físicas con predios, servidumes ou intereses lexítimos directamente afectados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Se este é o teu caso, achegamos un modelo para cubrir e enviar por rexistro en resposta ao requerimento. No DOG nº 226 de novembro de 2024 no que se somete a exposición pública o proxecto da Mina de Touro-O Pino figura unha relación (Anexo I) de bens e dereitos afectados. As persoas con intereses na zona, figuren ou non nesta relación, que se consideren afectadas deberían cubrir e presentar o documento abaixo adxuntado "Modelo 1 para persoas afectadas directas. Para persoas non directamente atinxidas nos seus predios polo proxecto que presentaron alegacións e solicitaron seren recoñecidas como interesadas, propoñemos que en resposta ao requerimento recibido acheguen o escrito "Modelo 2 para outros casos" en apelación aos seus dereitos constitucionais. Aínda que a súa petición será probábelmente rexeitada por unha interpretación restritiva da norma, a Xunta ten a obriga de cursar e respostar cada escrito", sinala Adega. Compartimos o enlace de Adega onde se poden facer as descargas dos modelos: https://www.adega.gal/axenda.php?id=1331&sec=11


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Plataforma Mina Touro Non tamén o explica deste xeito:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page