Degustáronse máis de 150 quilos do prato estrela
Laura Moure/O Pino
O Concello de O Pino celebrou esta fin de semana con grande éxito a XXIII Festa do Galo Piñeiro e a Mostra Cabalar, un evento que volveu atraer a milleiros de visitantes e consolidar a súa importancia como unha das festividades máis destacadas de Galicia. Esta celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia, destacou un ano máis pola súa riqueza cultural e tradición, así como pola participación activa da comunidade local e
visitantes.
As celebracións comezaron na tardiña do sábado coa espectacular exhibición de Freestyle
Motocross protagonizada por Pedro Moreno e Greg Rowbottom e o emotivo concerto conxunto da Banda de Música de Arca e do grupo Ailá. Foi unha primeira xornada
memorable.
Xa o domingo, O Pino converteuse nun punto de encontro para amantes da avicultura e dos cabalos. A festa permitiu aos asistentes admirar medio cento de exemplares de galos e galiñas piñeiras, criados en O Pino e noutros municipios galegos. Un galo de Javier Ares foi galardoado como o mellor exemplar, un criador que amosou o seu bo facer ao gañador en varias categorías, entre elas mellor criador e o mellor galo piñeiro ancestral.
A delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo Piñeiro, exerceu este ano de pregoeira e na súa intervención destacou a importancia desta festa “gastronómica, cultural e etnográfica”. “Somos unha comunidade unida pola tradición e polo afecto. As
nosas protagonistas de hoxe son a galiña e o galo piñeiro que se converteron en símbolo
deste recuncho do mundo”, engadiu do Campo quen insistiu no labor conxunto do Concello, dos criadores e da veciñanza de O Pino en xeral para que “de ser unha especie
en perigo de extinción pasou a ser unha garantía de calidade que transcendeu das nosas
fronteiras”.
Publicidade
O alcalde Manuel Taboada eloxiou o agarimo amosado por Belén do Campo e deu as grazas a todos os compañeiros visitantes, a todas as persoas que traballaron para que a festa sexa un éxito, e especialmente á Asociación Galiña Piñeira (AGALPI) segue buscando o recoñecemento institucional “sen a que non sería posible que estas festas saíran adiante” así como aos criadores de cabalos.
O evento contou coa presenza de numerosas autoridades da contorna, incluíndo ao
conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; á directora xeral de la
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Paz Rodríguez; aos alcaldes de
Boqueixón, Frades, Oroso e Teo; así como a concelleiros de Rois e Teo e representantes do
Partido Popular de Touro e Arzúa.
Premios aos mellores galos e galiñas
Ao mediodía, entregáronse os prestixiosos galardóns aos mellores exemplares de galiñas e galos piñeiros expostos en O Pino, unha raza singular para a que a Asociación Galiña Piñeira (AGALPI) segue buscando o recoñecemento institucional. Entre os premiados, destacaron o primeiro premio para a galiña de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; de Raza Piñeira Branca para Carmen Barral; ao mellor animal monográfico para Óscar Rodríguez; ao mellor criador de Piñeira para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Ancestral para Javier Ares; ao mellor Galo de Raza Piñeira Branco para Óscar Rodríguez e ao mellor Calo de Curral para Carmen Barra.
Esta edición da Festa do Galo Piñeiro reafirma a importancia de preservar e promover as
razas autóctonas galegas, celebrando a súa contribución ao patrimonio cultural e gastronómico da rexión.
Degustación de galo piñeiro e xantar popular
A celebración continuou coa sesión vermú, amenizada por Eme Music, que incluíu unha degustación de máis de 150 quilos de galo piñeiro. A continuación, o multitudinario xantar
popular preparado polo Restaurante a Magdalena contou como non podía ser doutra forma
co galo como un dos protagonistas do menú.
Actividades e Feira de Artesanía
A Feira de Artesanía no Camiño, celebrada na praza de Forcarei, ofreceu durante toda a xornada produtos feitos a man, talleres de demostración e actividades participativas para
todas as idades. As rúas de O Pino vibraron coas actuacións da Charanga NBA, a animación da rúa co ‘Mini Festival Circense’ e ‘Hose si’ de Sempre arriba, complementadas con postos de alimentación e foodtrucks e a zona infantil.
Mostra cabalar
En paralelo á Festa do Galo Piñeiro, a tradicional Mostra Cabalar desenvolveuse ao longo de toda a xornada, congregando un cento de equinos que participaron en diversos concursos morfolóxicos. A Mostra Cabalar é unha cita indispensable para os amantes dos
cabalos e a súa crianza, ofrecendo unha plataforma para exhibir a beleza e a habilidade
destes animais.
A última hora da tarde, entregáronse os recoñecementos aos mellores exemplares, destacando entre eles o prestixioso Premio Faísca, outorgado ao mellor cabalo de pura
raza española nacido e criado en Galicia. O animal gañador non só recibiu este alto honor,
senón que tamén será o protagonista da imaxe oficial da Mostra Cabalar 2024, un
recoñecemento que subliña a súa excelencia.
Publicidade
A xornada culminou con probas emocionantes de arrastre e doma, seguidas dun
espectacular show ecuestre a cargo de Paco Martos Horse Show. Este xinete cordobés,
recoñecido polas súas extraordinarias habilidades sobre o cabalo e a súa profunda
sabedoría como adestrador equino, pechou o evento con unha actuación que deixou
abraiados a todos os presentes.
A Mostra Cabalar volveu demostrar porque é unha das atraccións principais da Festa do
Galo Piñeiro, celebrando a excelencia equina e proporcionando un día cheo de emoción e
beleza para todos os asistentes.
NOS VINDEIROS DÍAS ECOS DA COMARCA PUBLICAREMOS UN VÍDEO DESTA CITA
Comments