top of page

Millóns de pellets de plásticos inundan as praias galegas

Un barco perdou 6 contedores á altura de Viana do Castelo, Portugal, e un deses estaba cheo destas boliñas brancas


Ecos da Comarca/Xeral

Fonte: Noia Limpa.

Nas últimas semanas apareceron grandes cantidades de pequenas bólas de plástico de cor brancas, denominadas pellets, en varias plaias galegas. A Asociación Noia Limpa é unha dos colectivos que están denunciando esta situación.


Publicidade

"O día 8 xaneiro fará un mes desde que un barco perdou 6 contedores á altura de Viana do Castelo, un deses contedores cheo de pellets de plástico. Se tes algunha información ou ves algunhas destas boliñas na tua praia, saca foto e manda localización. As boliñas estanse dispersando cada día que pasa polo que cada vez é máis difícil velas e será recollelas causando un dano moi grande nos nosos ecosistemas mariños. Axúdanos a compartir", roga Noia Limpa.


Publicidade

En concreto, estas proceden do buque Toconao, con bandeira de Liberia. Varios colectores contenedores del barco, que navegaba cerca da costa portuguesa, á altura de Viana do Castelo, caeron ao mar. Un deles levaba sacos de pellets que agora están invandido á praias galegas e tamén están chegando ás costas asturiana e cántabra.


Publicidade

Noia Limpa recolle nun mapa os lugares onde apareceron os pellets e que publicaron hai un día:

Fonte: Noia Limpa

Adega (Comunicado día 4 de xaneiro)

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) insta á Xunta de Galicia e á demarcación de Costas de Galicia a que activen urxentemente o Plan de continxencias por contaminación mariña accidental ante a aparición nos últimos días de toneladas de microplásticos nas costas galegas. Os microplásticos apareceron inicialmente nas praias de Noia, Muros e do Barbanza tras a suposta caída ao mar galego dun container dun buque que transportaba pellets de plástico inferiores a 5 milímetros para a fabricación de botellas ou outro tipo de produtos plásticos en procesos industriais.


"Estes residuos, de non ser eliminados das praias, poderían acabar facendo parte da nosa cadea trófica ou alimentaria, inxeridos pola fauna mariña, alén de supoñer unha nova agresión contaminante sobre o noso litoral e toda a biodiversidade costeira. Lonxe de resolverse o problema, a cada marea, seguen chegando máis microplásticos ás nosas costas e xa hai avisos da súa arrivada en praias de Lugo e mesmo de Asturias e Cantabria".


"Polo que sabemos ata o momento, e á falta doutra información oficial, só particulares e algunhas confrarías de pescadores, servizos de protección civil e asociacións locais, como Noia Limpa, están a acudir voluntariamente ás praias para retirar estes restos plásticos das costas, recolléndoos en sacos para levalos aos puntos limpos. Porén, ningunha destas actuacións está sendo supervisada polas administracións púbilcas, nin contan con ningún tipo de intrucións, protocolo, seguro, ou apoio institucional. Ademais, este vertido, xa está afectando a algún espazo natural protexido, como é o caso dos areais de Corrubedo, polo que poderían estar exercendo un efecto negativo sobre hábitats e especies protexidas a nivel europeo e internacional".


ADEGA lémbralle á administración galega que, ante episodios deste tipo, debe poñer en marcha un plan de continxencias que procure a protección das persoas, do medio ambiente e dos bens que resulten afectados por sucesos accidentais, como o acontecido, e que provoquen a contaminación mariña. Neste senso, no marco das súas competencias, teñen responsabilidades as Consellarías do Mar, de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de Sanidade e á propia Presidencia da Xunta. Así mesmo, tamén apelamos á Demarcación de Costas de Galicia para que exerza as súas competencias na materia.


"Desde ADEGA lamentamos comprobar unha vez máis como ante novos episodios de contaminación mariña das nosas costas, as administracións públicas seguen mirando cara a outro lado, exercendo unha clara deixazón de funcións, que volve a poñer nas mans da cidadanía a responsabilidade de protexer e coidar a nosa contorna litoral. Desde ADEGA manifestamos a nosa vontade de recorrer ás accións xurídicas que fagan falla se as as administracións públicas competentes seguen sen actuar".



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page